Produtos ecolóxicos, ecoturismo e a xenebra sostible do Fogar do Santiso en BioCultura da Coruña 2022

BioCultura A Coruña, a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo, chega a EXPOCoruña do 4 ao 6 de marzo con todas as novidades do sector ecolóxico e cunha gran oferta de turismo sostible. Nesta 3a edición, preto de 100 expositores e un espérase unha asistencia de 13.000 persoas. Ao longo dos tres días de feira están programadas máis de 80 actividades relacionadas co sector ecolóxico: alimentación, ecoturismo, cosmética, moda sostible, bioconstrución, e todo o que teña que ver cun eco-estilo de vida sostible. Mostras, obradoiros, cociña en directo, música e actividades para os máis pequenos son algunhas das propostas que fan de BioCultura un evento lúdico, consciente e divulgativo sobre o consumo ecolóxico e respectuoso co medio ambiente”.

Fonte: https://www.ivoox.com/productos-ecologicos-ecoturismo-ginebra-sostenible-del-audios-mp3_rf_83109745_1.html