Chegar a Fogar entra noutro mundo: unha enorme terraza con mobles construídos a man, salpicada de esculturas de pedra e atravesada por un regueiro crean unha experiencia máxica. Fogar do Santiso fainos soñar coa vida milenaria dunha Galicia natural, ancestral, máis feliz e mellor.
A 300 metros do restaurante atópanse as Hortas do Fogar, 10 hectáreas de agricultura ecolóxica certificada onde se experimentan novos cultivos conservando as variedades autóctonas. Unha horta chea de biodiversidade que é o orgullo e o distintivo de todo o noso proxecto.
Pasea polas nosas hortas ecolóxicas alimentadas con enerxía solar, dalle de comer ás vaquiñas, visita o muiño vello, … Vive unha viaxe á tradición mais auténtica de Galicia