O Goberno encumbra a Fogar do Santiso pola súa apuesta pola economía circular

Novo salto do Fogar do Santiso. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo incluíu ao colectivo galego como exemplo na súa guía de boas prácticas para a aplicación da economía circular no sector turístico.

E é que a firma con sede en Teo foi a única do sector da restauración que recibiu a invitación para participar na publicación desta guía que foi elaborada pola SEGITTUR (Sociedade Mercantil Estatal de Xestión da Innovación e Tecnoloxías Turísticas). Durante o acto, o Fogar do Santiso compartiu protagonismo con entidades como Iberostar, o Consell de Mallorca, o Parque Tecnolóxico Ambiental de Mallorca e o hotel Abadía Retuerta LeDomaine.

Fonte: https://www.economiadigital.es/galicia/empresas/el-gobierno-encumbra-a-fogar-do-santiso-por-su-apuesta-por-la-economia-circular.html