da nosa cultura ancestral
"UN FOGAR POLA SAÚDE E POLA TERRA"
Sementando dende 1996.
Quen somos?
En 1996 abrimos o noso restaurante familiar en Teo (Galicia), orgullosos da nosa aldea, os nosos veciños, da cultura popular e as tradicións campesiñas. A nosa paixón polo rural levounos a ser o primero restaurante de España que tivo unha horta ecolóxica certificada.
Hoxe coidamos 10 hectáreas de hortas ecolóxicas e aumentamos os nosos servizos cara un grupo empresarial pioneiro en producción agroalimentaria e voz da gastronomía sustentable de Galicia.
Somos horta km 0.
Somos carnes de razas autóctonas galegas.
Somos restaurantes con elementos reciclados e enfocados ao residuo cero.
Somos eventos 360º, experiencias máxicas e ancestrais.
Somos a primeira firma de España especializada exclusivamente en destilados ecolóxicos.
E somos unha consultora de sustenibilidade para compartir o aprendido neste largo camiño…
Somos os de sempre! Labregos orgullosos da súa aldea. Pés, alma e corazón na nosa terra.
E agora qué?
Tras 28 anos coas mans na terra
A nosa horta alimenta a cinco restaurantes ecolóxicos referentes en economía circular e producto km 0: Fogar do Santiso Teo, Compostela, Alllariz e as nosas Tabernas Mariñeiras en Santa Cristina (Oleiros) e Lapamán (Bueu).
Destilamos a nosa horta para crear brebaxes máxicos: Green Mixology, as nosas bebidas destiladas ecolóxicas.
E, como nos gusta compartir o noso coñecemento con total transparencia, dende Fogar Consultores damos un servizo integral de consultoría e auditoría a diferentes compañías para mellorar o seu impacto positivo
A nosa misión defínese coas tres “P”: Producto ecolóxico, Planeta e Persoas. Alimentamos, custodiamos a nosa terra e coidamos das personas.