fogar do santiso

Bebidas Únicas

A maxia do Fogar…embotellada!

fogar do santiso

Bebidas Únicas

A maxia de Fogar…embotellada!

1ª empresa en España especializada exclusivamente en destilados ecolóxicos

Green Mixology

Destilamos a terra, 10 hectáreas dedicadas á produción ecolóxica conforman os sabores de Green Mixology: a liña de bebidas premium do Grupo Fogar.

Somos a primeira empresa especializada en España en destilados ecolóxicos. Cultivamos os botánicos das nosas bebidas, empregamos productos km 0 e de tempada.
Embotellamos brebaxes máxicos creados pola man mestra de Diego Mosquera, Premio Nacional de Coctelería.
Saborea as bebidas ecolóxicas, dos destilados sostibles e únicos en Europa.

Organic London Dry Gin

Condensa todos os olores e sabores da nosa identidade. Contén toda a nosa alma, os nosos valores. Todo comeza cun trigo de ciclo longo, unha especie primitiva de cultivo ecolóxico que tras cinco redestilacións aporta unha base sólida coa que elaborar a nosa xenebra.

Das nosas hortas saen a maioría dos aromas, botánicos e cítricos que pelamos a man xusto antes de entrar no alambique. Xa dentro realizamos unha maceración a varias gradacións e unha posterior destilación lenta en alambique de cobre.

Reposa sosegadamente tres meses en tanques de aceiro antes de ser embotellada a man.

Organic Vermú

Maceramos nunha base de viño ecolóxico de varietais tradicionais 21 herbas, entre as que destaca o hibiscus, que xunto con froitos vermellos da nosa horta como a frambuesa, a zarzamora etc, danlle unha característica cor rosa.

Un festival de aromas, de herbas coma a alfábega, herbaluisa, melisa, … e botánicos ecolóxicos certificados coma cravo, canela, axenxo, pimentas, peles de laranxa e limón, entre outros, confírenlle un marcado carácter festivo.

Redondeamos con 2 meses en barrica de carballo para equilibrar o sabor dun vermú único na súa especie.

botella de London Dry Gin
Botella de Green Mixology Vermú

Green mixology

É a elección perfecta para as cestas de nadal con productos sostibles de Inditex

sello producto cesta navidad inditex
sello producto cesta navidad inditex

A cervexa de Fogar

Peregrina

A marca de cervexas irreverentes que nace no Fogar e que camiña contigo onde queira que estés. Un guiño especial ao Camiño de Santiago e a quenes visitan Galicia.

Unha cervexa deliciosa que ofrece dúas variedades: rubia galega e druida tostada. Pódela atopar nos restaurantes máxicos do Fogar do Santiso. Nas terrazas máxicas, sabe de maravilla.

Fai unha peregrinación aos distintos puntos de venta e saborea a cervexa con máis carácter. Non hai unha etiqueta con máis retranca ca da Cervexa Peregrina!

Queres ser distribuidor das bebidas únicas?

Informámoslle de que os datos facilitados, polo titular deste e/ou por un terceiro no seu nome, serán tratados, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RGPD) e na Lei orgánica 3/2018, do 5. decembro (LOPDGDD), para xestionar a reserva solicitada en función da relación precontractual xerada (art. 6.1. b) GDPR) e obter datos estatísticos. Os datos tratados conservaranse durante o tempo necesario para o seu mantemento a terminación do tratamento ou mentres existan prescricións legais que determinen a súa custodia e non lle sexan comunicadas terceiros agás o cumprimento das obrigas legais e a aqueles que presten o servizo para xestionar a súa solicitude alcance dun contrato de servizos. O titular dos datos ten dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e limitación ou oposición ao seu tratamento ante o Responsable, Fogar do Santiso, S.L.. Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Correo electrónico: fogar@fogardosantiso.es. Tamén tes dereito a presentar un reclamación ante a Autoridade de Control (www.aepd.es), se se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente. Podes ampliar esta información na Política de Privacidade.
bebidas artesanales fogar do santiso