Benvidos ao noso proxecto

100% ecolóxicogalegosustentable

Este é o teu

Fogar

Fogar do Santiso abreu as portas en Maio do 1996 como proxecto familiar de restauración co obxetivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. Co paso do tempo convertíuse nun referente cultural e gastronómico en Galicia. A partires do 2007 comezou o camiño cara a sustentabilidade e como modelo na restauración e na dignificación do rural, comezando unha viaxe cara o autoabastecemento de materias primas pasando a ser produtor ecolóxico.

Aí replantexouse un Fogar a 100 anos, onde a difusión da cultura galega, a potenciación do consumo local e responsable, a defensa do medio ambiente e a recuperación das tradicións labregas fosen o eixo para contruír un futuro mellor para a nosa terra. Acadando un proxecto de gastronomía 360º baseado na economía circular e social como modelo para mellorar o planeta onde vivimos. No Fogar producimos, transformamos, alimentamos e reciclamos. Deixando unha mínima pegada ecolóxica e un residuo case cero.

21

anos contigo

10

hectáreas horta eco

3.2

millóns visitantes

5.500

hectáreas de pasto

Cada día mellorando

Gastronomía 360º

icono gastronomia 360

Gastronomía 360º

Facemos Gastronomía 360º, economía circular aplicada ao noso proxecto de restauración. Producimos, transformamos, alimentamos e reciclamos para chegar ó residuo cero.

icono ecoloxía

Ecoloxía

Somos 100% ecolóxicos, toda a nosa comida está libre de pesticidas e de organismos modificados xenéticamente.


icono horta

Horta

As nosas verduras recóllense a diario nas dez hectáreas de horta ecolóxica certificada polo CRAEGA: Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia.


icono gando

Gando

No Fogar do Santiso apostamos polas carnes de raza autóctona galega, de animais criados felizmente en liberdade nas 5.500 hectáreas de pasto ecolóxico que xestionamos.

icono pesca

Pesca

Traballamos exclusivamente con pesca artesanal sustentable da Ría de Aldán, con acordos directos coa cofradía de pescadores, promovendo a pesca tradicional.

icono Galiza

Galiza

Traballamos polo futuro da nosa terra. Sempre produto local e de tempada. Empregando sementes e razas autóctonas.

Coñece os nosos

Restaurantes

3 agosto 2015

Desde fai máis de vinte anos o Fogar é un lugar máxico, onde a través da gastronomía, a música e a poesía converteuse nun lugar de culto para galegos e turistas. Os prezos populares, a música de gaita, os pratos sinxelos para comer coas mans e na fin de semana a mítica queimada con conxuro propio, converteron o Fogar do Santiso nunha icona do enxebre onde chegaban milleiros de persoas a vivir una experiencia auténtica.

21 diciembre 2014

Nos arredores da praia de Santa Cristina está O Fogar do Santiso Oleiros, enclavado nun antigo viveiro de plantas, o local sigue destinado a contribuír coa natureza coa nosa proposta de restaurante ecolóxico.

Un lugar único situado nun entorno semiurbano pero cunha identidade sempre vencellada á cultura medio-ambiental e rural, ás tradicións dos nosos antepasados e labregos.

1 diciembre 2014

Dende un espectacular Food Trailer a un container marítimo de 20 pés, o Fogar do Santiso Viaxeiro> é a solución para crear eventos a medida aló onde sexa.

Cun plantexamento modular, que crece ou decrece según as necesidades, o noso servizo de eventos e catering baséase na gastronomía ecolóxica local e de tempada e a cultura rural galega. Unha oferta única e orixinal.

A nosa

Cociña

O noso proxecto educativo

FogarLab

Queres unha experiencia única?

Contacto

RESERVAS FOGAR DO SANTISO TEO

Polas condicións do local só é preciso reservar para grupos a partir de 15 persoas

Informámoslle que gardamos o seu número para xestionar a súa petición por WhatsApp e para informarlle sobre actividades, noticias e eventos. Consulte a política de tratamento de datos.

Contacto Teo

HORARIO INVERNO

Luns a Xoves: 13:00 a 17:00

Festivos e vésperas de festivos  13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00

Venres a Domingo: 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00

 

HORARIO VERÁN

Luns a Domingo: 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00

Trasellas, 13 Luou – Teo (A Coruña)
fogar@fogardosantiso.es

GPS:
N 42.797311
W -8.584435

RESERVAS FOGAR DO SANTISO OLEIROS

 

Informámoslle que gardamos o seu número para xestionar a súa petición por WhatsApp e para informarlle sobre actividades, noticias e eventos. Consulte a política de tratamento de datos.

Contacto Oleiros

HORARIO INVERNO

Luns a Xoves: 13:00 a 17:00

Festivos e vésperas de festivos  13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00

Venres a Domingo: 13:00 a 00:00

HORARIO VERÁN

Luns a Xoves: 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00

Venres a Domingo: 13:00 a 00:00

Av.Santa Cristina, 15 – Oleiros (A Coruña)
yago@fogardosantiso.es

GPS:
N 43.337609
W -8.3795028

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
X