A Fundación Paidea organiza unha xornada sobre economía circular

A Fundación Paideia celebra o vindeiro venres a xornada “Conversas circulares. Oportunidades Circulares” que terá lugar o venres 22 de abril ás 10:30 horas no Centro Náutico Municipal do Freixo de Outes. Este evento reunirá a expertos no ámbito da Bioeconomía e da Economía Circular, para dar a coñecer a circularidade como modelo de negocio e a súa aplicación en sectores estratéxicos para a economía galega.

O programa da xornada tamén inclúe unha mesa redonda na que participarán Xosé Santiso do Fogar do Santiso, Inés Rodríguez de Rir&co e Gema Neira da Cholita. Para rematar a xornada realizaranse dous obradoiros simultáneos, un de impresión 3D con filamento de plástico reciclado e outro de reutilización de redes de pesca en téxtil.

Fonte: https://www.elidealgallego.com/articulo/a-coruna/fundacion-paidea-organiza-jornada-sobre-economia-circular-3550477