Menduíña estrea o primeiro green bar de Galicia

Este venres 1 de abril, a praia de Menduíña, en Cangas, inaugurará o primeiro Green Bar de Galicia: Fogar do Santiso Menduíña Beach Club.

Neste novo emprazamento, a empresa galega engade a cultura mariñeira á súa restauración ecolóxica e aos seus cócteis a base da ría de Vigo. O obxectivo do Fogar do Santiso, pioneiro en iniciativas de restauración sostible, é converter a praia de Menduíña no epicentro da cultura mariña sostible.

A sustentabilidade atravesa todos os aspectos desta nova localización. No Club de Praia Fogar do Santiso Menduíña todo o peixe e marisco procede da pesca artesanal das lonxas de Aldán, Bueu e Cangas, coas que asinaron convenios de colaboración.

Fonte: https://www.farodevigo.es/empresas-en-vigo/2022/03/30/menduina-estrena-primer-green-bar-64449068.html