O Fogar do Santiso leva a Inditex o seu proxecto de economía circular

[vc_row][vc_column][vc_column_text]

Dentro da iniciativa de #apoyohosteleríalocal o xigante da moda levou ós seus comedores a cociña galega ecolóxica do coñecido grupo de restauración.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]Os traballadores de Zara e Loxística de Inditex disfrutaron estes días dos produtos KM0 de Fogar do Santiso nunha colaboración que pon de manifesto a política de Inditex de coidado da contorna e dos produtores locais, fomentando así a reducción do impacto medioambiental que ven aplicando en todos os seus procesos de producción.
Os traballadores do líder mundial da moda disfrutaron por uns días das verduras ecolóxicas das hortas do Fogar do Santiso e das carnes de razas autóctonas galegas cociñadas nas brasas.
Unha escolla dos mellores produtos das 10 hectáreas de hortas ecolóxicas que cultiva o Fogar do Santiso no concello de Teo e das carnes que cría xunto coa cooperativa Biocop nos montes da Baixa Limia e do Xurés. O consumo destes produtos locais axuda á creación de emprego no rural e a unha explotación sustentable dos recursos agroforestais.
Fogar do Santiso leva máis de 25 anos en Galicia implantando un modelo de economía circular acadando unha trazabilidade total dos produtos cos que traballa. Escolle minuciosamente os animais no campo e segue a sua cadea ata o seu centro de producción con salas de despece, maduración e envasado para garantir a máxima calidade. Estas cualidades únicas casan á perfección cos valores de compromiso medioambiental de Inditex e cos seus obxectivos de economía circular.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]