A madeira e a pedra do país son materia viva e linguaxe de identidade cando se tecen con sabias costumes.
Galicia só é digna de ser habitada sementando a súa verde anatomía coa propia materia que pariu a súa terra.
O feito de chamarse ENTREPEDRAS, reflexa unha filosofía de adaptación creativa a cada experiencia constructiva, un aprendizaxe en acción adaptándose ó cambio nun proceso de redeseño contínuo.
Construímos e rehabilitamos con natureza no sentido estricto da expresión, sempre vivendas en Galicia empregando técnicas e materiais acordes á memoria tradicional da nosa cultura arquitectónica con solucións armoniosas, saudables e respetuosas co medio ambiente.
Sen renunciar ás comodidades do SXXI, asumimos un compromiso de construcción artesanal aliado a unha interacción armónica coa nosa contorna natural.