ESTE É O TEU FOGAR

Fogar do Santiso abreu as portas en Maio do 1996 como proxecto familiar de restauración co obxetivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. Co paso do tempo convertíuse nun referente cultural e gastronómico en Galicia. A partires do 2007 comezou o camiño cara a sustentabilidade e como modelo na restauración e na dignificación do rural, comezando unha viaxe cara o autoabastecemento pasando a producir a súas propias materias primas en ecolóxico e a axudar a outros productores..

Aí replantexouse un Fogar a 100 anos, onde a difusión da cultura galega, a potenciación do consumo local e responsable, a defensa do medio ambiente e a recuperación das tradicións labregas fosen o eixo para contruír un futuro mellor para a nosa terra. Acadando un proxecto de gastronomía 360º baseado na economía circular e social como modelo para mellorar o planeta onde vivimos. No Fogar producimos, transformamos, alimentamos e reciclamos. Deixando unha mínima pegada ecolóxica e un residuo case cero.

02
aa- 017

DRUÍDAS E LABREGOS

Traballando día a día pola nosa terra

Levamos uns anos sendo o principal referente da economía circular en GALICIA como modelo de sostibilidade rural, educando e asesorando por un consumo responsable.

“A sostibilidade non é mais que facer real o compromiso con todo o que te rodea e aplicalo en todos os ámbitos”

O noso compromiso co medio ambiente e sobre todo co medio rural galego, levounos a abandeirar unha serie de iniciativas que  contribuíron á redución da nosa pegada ecolóxica, salvagardando así os recursos do planeta para nós e para as vindeiras xeracións.

Jose Santiso

FUNDADOR

Esta web usa cookies e precisa do teu consentimento