Inditex confía a transformación dos seus comedores a un referente galego da economía circular

Fogar do Santiso: Restaurantes e gastronomía ecolóxica 360º- > NOVAS > Inditex confía a transformación dos seus comedores a un referente galego da economía circular

Inditex confía a transformación dos seus comedores a un referente galego da economía circular

  • Por: Fogar do Santiso
Horta Ecolóxica - Fogar do Santiso

O Fogar do Santiso está detrás dos cambios implantados a nivel nacional, que incluirán a instalación de sistemas de compostaxe.

Inditex propúxose seguir marcando pauta na moda a través dun modelo de negocio sostible, unha aposta que quere trasladar a todos os recunchos, incluídos os comedores que ten para os seus traballadores. E, para levar a cabo o cambio, escolleu unha empresa galega, referente da gastronomía ecolóxica e da economía circular. Fogar do Santiso é o encargado de guiar esta transformación nos dez comedores da multinacional téxtil en España, co obxectivo de elaborar menús máis saudables, con produtos ecolóxicos ou de quilómetro cero, erradicar o desperdicio alimentario e atinxir o residuo cero.

Os anos de experiencia do Fogar do Santiso convertérono nun asesor fiable e, cando a pandemia obrigou a pechar os seus restaurantes, formalizaron esta figura a través da consultora Fogar Consultores. A empresa de Teo, recentemente recoñecida polo Ministerio de Turismo como exemplo de economía circular, pon agora ao servizo doutros comercios do sector agroalimentario os coñecementos adquiridos “como pioneiros en Galicia” en materia de ecoloxía, bioconstrución, reciclaxe. E redución de residuos.

Fuente: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2022/05/18/inditex-confia-transformacion-comedores-referente-gallego-economia-circular/0003_202205G18P24991.htm

Autor: Fogar do Santiso