Fogar do Santiso, modelo de economía circular no sector da restauración

Fogar do Santiso: Restaurantes e gastronomía ecolóxica 360º- > NOVAS > Uncategorized @gl > Fogar do Santiso, modelo de economía circular no sector da restauración

Fogar do Santiso, modelo de economía circular no sector da restauración

  • Por: Fogar do Santiso

O grupo empresarial Fogar do Santiso, pioneiro na aplicación da ecoloxía á produción agroalimentaria e a restauración sostible, é un dos modelos de inspiración a partir dos que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través de SEGITTUR, elaborou a “Guía de Boas Prácticas para a Aplicación da Economía Circular no Sector Turístico”.


A “Guía de Boas Prácticas para a Aplicación da Economía Circular no Sector Turístico” fai propostas concretas para que a economía circular reactive o tur¡smo afectado pola covid e a crise climática, e antepoña a sostibilidade dentro do sector.
A “Guía de Boas Prácticas para a Aplicación da Economía Circular no Sector Turístico” pode consultarse na web de SEGITTUR. A publicación aporta un novo modelo de produción e consumo para que produtos, materiais e recursos se manteñan activos durante o maior tempo posible, cos mínimos residuos e sexan aproveitados ao máximo.

Fonte: https://www.economiaengalicia.com/articulo/empresa/fogar-do-santiso-modelo-economia-circular-sector-da-restauracion/20220512193952020702.html

Autor: Fogar do Santiso