Fogar do Santiso, escollida como modelo de economía circular

Fogar do Santiso: Restaurantes e gastronomía ecolóxica 360º- > NOVAS > Fogar do Santiso, escollida como modelo de economía circular

Fogar do Santiso, escollida como modelo de economía circular

  • Por: Fogar do Santiso

O colectivo gastronómico Fogar do Santiso serviu de modelo de inspiración ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para elaborar a ‘Guía de Boas Prácticas para a Aplicación da Economía Circular no Sector Turístico’. A publicación fai propostas concretas para que a economía circular reactive o turismo afectado polo COVID e a crise climática, e antepoña a sustentabilidade dentro do sector.

A empresa familiar de Teo foi a única do sector da restauración en España convidada a participar na presentación da publicación do Ministerio elaborada a través de SEGITTUR -Sociedade Mercantil Estatal de Xestión da Innovación e Tecnoloxías Turísticas-. Ademais do presidente de SEGITTUR, no acto de hoxe en Madrid, Fogar do Santiso compartiu protagonismo cos directivos de firmas inspiradoras da economía circular como Iberostar, Concello de Mallorca, Parque de Tecnoloxías Ambientais de Mallorca, e o hotel Abadía Retuerta LeDomaine.

Fonte: https://enfoques.gal/compostela/santiago/fogar-do-santiso-escogida-como-modelo-de-economia-circular/amp/

Autor: Fogar do Santiso