FOGAR DO SANTISO ELIXIDA POLO MINISTERIO DE TURISMO COMO MODELO DE ECONOMÍA CIRCULAR NO SECTOR GASTRONÓMICO ESPAÑOL

A empresa familiar de Teo foi a única do sector da restauración en España convidada a participar na presentación da publicación do Ministerio elaborada a través de SEGITTUR (Sociedade Mercantil Estatal de Xestión da Innovación e Tecnoloxías Turísticas). Ademais do presidente de SEGITTUR, no acto de hoxe en Madrid, Fogar do Santiso compartiu protagonismo cos directivos de empresas que inspiran a economía circular como Iberostar, Consell de Mallorca, Parque de Tecnoloxías Ambientais de Mallorca e o hotel Abadía Retuerta LeDomaine.


José Santiso, copropietario do grupo empresarial que o vindeiro luns cumprirá 26 anos, explicou que “a guía pretende cambiar a lei de calidade turística pola lei de sustentabilidade turística. A calidade ten que ser sostible. Queremos engadir valor, non só teoría. Sempre estivemos a contracorrente. Cando ninguén apostaba por ser sostible, a nosa familia xa estaba a facelo, deseñando un fogar sustentable para os próximos 100 anos”. Santiso codirixe un grupo empresarial de restauración, produción agroalimentaria, consultoría sostible e bioconstrución, “baseado no respecto ao Produto, ao Planeta e ás Persoas”, resumiu.

Fonte: https://www.corunaonline.com/fogar-do-santiso/