FOGAR DO SANTISO ELIXIDA POLO MINISTERIO DE TURISMO COMO MODELO DE ECONOMÍA CIRCULAR NO SECTOR GASTRONÓMICO ESPAÑOL

Fogar do Santiso: Restaurantes e gastronomía ecolóxica 360º- > NOVAS > FOGAR DO SANTISO ELIXIDA POLO MINISTERIO DE TURISMO COMO MODELO DE ECONOMÍA CIRCULAR NO SECTOR GASTRONÓMICO ESPAÑOL

FOGAR DO SANTISO ELIXIDA POLO MINISTERIO DE TURISMO COMO MODELO DE ECONOMÍA CIRCULAR NO SECTOR GASTRONÓMICO ESPAÑOL

  • Por: Fogar do Santiso

A empresa familiar de Teo foi a única do sector da restauración en España convidada a participar na presentación da publicación do Ministerio elaborada a través de SEGITTUR (Sociedade Mercantil Estatal de Xestión da Innovación e Tecnoloxías Turísticas). Ademais do presidente de SEGITTUR, no acto de hoxe en Madrid, Fogar do Santiso compartiu protagonismo cos directivos de empresas que inspiran a economía circular como Iberostar, Consell de Mallorca, Parque de Tecnoloxías Ambientais de Mallorca e o hotel Abadía Retuerta LeDomaine.


José Santiso, copropietario do grupo empresarial que o vindeiro luns cumprirá 26 anos, explicou que “a guía pretende cambiar a lei de calidade turística pola lei de sustentabilidade turística. A calidade ten que ser sostible. Queremos engadir valor, non só teoría. Sempre estivemos a contracorrente. Cando ninguén apostaba por ser sostible, a nosa familia xa estaba a facelo, deseñando un fogar sustentable para os próximos 100 anos”. Santiso codirixe un grupo empresarial de restauración, produción agroalimentaria, consultoría sostible e bioconstrución, “baseado no respecto ao Produto, ao Planeta e ás Persoas”, resumiu.

Fonte: https://www.corunaonline.com/fogar-do-santiso/

Autor: Fogar do Santiso