Istos tres restaurantes de Ourense son unha perfecta parada na viaxe

Fogar do Santiso: Restaurantes e gastronomía ecolóxica 360º- > NOVAS > Istos tres restaurantes de Ourense son unha perfecta parada na viaxe

Istos tres restaurantes de Ourense son unha perfecta parada na viaxe

  • Por: Fogar do Santiso

A Guía Repsol propúxose dar o máximo recoñecemento ao traballo dos bares e restaurantes. Para conseguilo, o pasado verán creou o Soletes, un premio que nace co claro obxectivo de poñer en valor os establecementos con encanto. Pero tamén facelo por categorías, é dicir, coa intención de poñer en valor lugares únicos nas súas especialidades. Por iso hai Soletes que premian ás mellores pastelarías ou xeaderías, aos mellores chiringuitos ou terrazas e aos que teñen o mellor menú do día. Agora a guía española vén de estrear unha nova categoría, a de Soletes de camiño, que recoñece os lugares perfectos para facer unha parada durante a viaxe. Da vintena destes novos que brillan en Galicia, son tres os que están na provincia de Ourense: O Pazo de Canedo, O Muíño do Chirlo e O Fogar do Santiso.


A un tiro de pedra da N-525 en Allariz está O Fogar do Santiso, que é o terceiro gañador dun Solete de Carretera da Guía Repsol. É un dos seis restaurantes que a cadea de Teo (A Coruña) ten co mesmo nome. «Comezamos o proxecto en xuño de 2019 e puxémonos ao día coa pandemia. Por iso, recibir un recoñecemento coma este é un orgullo para todo o equipo”, confesa Antonio Gómez, xerente do local alaricano.

Fonte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/04/07/solete-carretera-tres-locales/0003_202204O7C8993.htm

Autor: Fogar do Santiso