Amásame Bakery (Pontevedra) e O Muíño (Caldas), entre os 22 'soletes de carretera' de Galicia

Fogar do Santiso: Restaurantes e gastronomía ecolóxica 360º- > NOVAS > Amásame Bakery (Pontevedra) e O Muíño (Caldas), entre os 22 ‘soletes de carretera’ de Galicia

Amásame Bakery (Pontevedra) e O Muíño (Caldas), entre os 22 ‘soletes de carretera’ de Galicia

  • Por: Fogar do Santiso

Tras identificar aos mellores chiringuitos do país ou, máis recentemente, ás casas de comida con menú do día cos que quentar os nosos estómagos, a Guía Repsol quixo premiar aos mellores puntos para repostar ou descansar en metade dunha viaxe.

Faino cun distintivo que denominou os ‘soletes de carretera’ e que, en Galicia, recoñeceu a 22 establecementos, dos cales catro están na provincia de Pontevedra.

“Aínda que ás veces custe atopalos, é posible pasar un intre agradable e probar un bocado que mereza a pena en locais pensados para clientes que están de paso”, sinalan desde a Guía Repsol.

Os de Lugo (6): Galicia (Begonte), O Asador del Alba (Barreiros), Casa Gaibor (Guitiriz), García (Baralla), Casa das Xaquinas (Vilalba) y Casa do Labrego (Begonte); e os de Ourense (3): Fogar do Santiso (Allariz), O Muíño do Chirlo (Celanova) e O Pazo de Canedo (Quintela de Leirado).

Fonte: https://www.pontevedraviva.com/xeral/84166/amasame-bakery-pontevedra-muino-caldas-soletes-carretera-galicia/

Autor: Fogar do Santiso