Un «green bar» na ría de Aldán

Fogar do Santiso, a empresa galega pioneira na restauración sostible, quere facer da praia de Menduíña o epicentro da cultura mariñeira sostible. Mañá abre un Green Bar no Arenal Cangués. “É un lugar onde a cultura mariñeira será tan importante como a restauración ecolóxica e os cócteles a base da ría de Vigo”, avanza a empresa.

No Club de Praia Fogar do Santiso Menduíña, todo o peixe e marisco procede da pesca artesanal das lonxas de Aldán, Bueu e Cangas, coas que asinaron convenios de colaboración. As mesturas e cócteles foron deseñadas por Diego Mosquera, Premio Nacional de Coctelería, con herbas naturais do Morrazo, como o Gin Tonic do Litoral (con herba salicornia e algas codium) ou o Cocktail Invasor (con refresco de eucalipto e xarope de piñeiro silvestre). O público poderá degustalos este venres, a partir das 19.00 horas, mentres goza dun showcooking de marisco. Os envases de plástico son inexistentes nas instalacións e as hortalizas proceden das hortas ecolóxicas do Fogar do Santiso, con enerxía 100% renovable.

Fonte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/bueu/2022/03/30/playa-menduina-estrena-green-bar-productos-cofradias-morrazo-destilados-hierbas-zona/00031648650542028770245.htm