A base da bebida procede da maior finca de cítricos de Galicia e que se encontra situada neste municipio

O limón da maior explotación de cítricos ecolóxicos de Galicia, situada no concello de Tomiño, será o protagonista da nova bebida Fogar do Santiso, unha xenebra única en Europa a base da folla do limoeiro -como botánico fresco- e dos sabores cítricos galegos. É unha conxunción sen precedentes ata agora, xa que as xenebras ecolóxicas aínda son practicamente inexistentes e ningunha se basea na folla de limón.

Esta xenebra premium e artesá, embotellada en cerámica, potenciará a horta galega e aos mozos emprendedores do rural. “Imos presentar unha edición nova, única, que dá todo o protagonismo á finca de cítricos ecolóxicos máis grande de Galicia, xusto cando a froita acada a maior explosión de sabor”, explicou José Santiso, copropietario da empresa familiar Fogar do Santiso . “Concentramos a temporalidade da horta nunha botella. Só haberá 2.000 unidades. Conseguímolo despois de moito traballo de investigación para destilar a nosa terra”, afirmou.

Fonte: https://www.atlantico.net/articulo/baixo-mino/limones-tomino-primera-ginebra-ecologica-gallega/20220306001005897780.html