Viaxeiro> O Fogar dos eventos

Dende un espectacular Food Trailer a un container marítimo de 20 pés, o Fogar do Santiso Viaxeiro> é a solución para crear eventos a medida aló onde sexa.

Cun plantexamento modular, que crece ou decrece según as necesidades, o noso servizo de eventos e catering baséase na gastronomía ecolóxica local e de tempada e a cultura rural galega. Unha oferta única e orixinal.

Viaxeiro> e a versión itinerante do Fogar do Santiso, un vehículo que transporta o espírito orixinal do Fogar para conseguir ambientes máxicos en calquer ocasión: vodas, reunións, festivais, eventos ou feiras. O que precises. Personalizado. Sen límites. Sen fronteiras.

A oferta gastronómica está asociada ao producto de tempada e á oferta da lonxa, mais dentro destas características adáptase ás necesidades de cada evento, porque entendemos que cada ocasión e única e irrepetible. Unha proposta que deseñamos man a man cos nosos clientes para que gocen dunha experiencia inesquecíbel.

O Viaxeiro>  adáptase ás sensibilidades máis particulares, ofertando opcións vexetarianas, veganas ou celíacas sempre co noso selo de identidade: cociña galega, honesta, ecolóxica e feita nas brasas.

 
 

 
 

Contamos con persoal agradábel, formado para dar un servizo coas maiores esixencias culinarias que precise cada momento: festivais de música, reunións populares, vodas, eventos… Nos que precises crear unha ambientación memorable, alí estará o Viaxeiro >, coa súa impoñente posta en escena para crear unha pegada indeleble de calidade e diversión.

 
 

 
 

 
 

Forum 2017

Fogar do Santiso Viaxeiro> no Forum Gastronómico 2017

Leave a Reply

dieciocho − cuatro =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies