Fogar do Santiso Teo “A orixe”

Desde fai máis de vinte anos o Fogar é un lugar máxico, onde a través da gastronomía, a música e a poesía converteuse nun lugar de culto para galegos e turistas. Os prezos populares, a música de gaita, os pratos sinxelos para comer coas mans e na fin de semana a mítica queimada con conxuro propio, converteron o Fogar do Santiso nunha icona do enxebre onde chegaban milleiros de persoas a vivir una experiencia auténtica.

Un lugar cunha identidade sempre vencellada á cultura popular e rural, ás tradicións dos nosos ancestros e  labregos, e sobre todo á mitoloxía pagán dos Celtas.

 

 

 

 

O Fogar do Santiso foi evolucionando desde a  súa orixe cara un modelo de sustentabilidade real, onde a gastronomía ecolóxica forma parte dun proxecto integral de economía circular e social onde se traballa desde a orixe na granxa ecolóxica propia ata o prato.

Estes esforzos víronse recompensados e agora mesmo é o único proxecto de restauración certificado polo CRAEGA, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia vinculado a explotación agrícola.

A cociña é honesta sen adornos e con innovación sobre a tradición. So se traballa con produto ecolóxico de máxima calidade xerando una carta diaria con pratos de tempada con identidade.

Cocíñase con brasas, buscando non perder os sabores primarios da nosa terra. O produto local é sempre o protagonista.

 

 

 

 

 

As hortas ecolóxicas do Fogar, os peixes e mariscos da ría de Aldán e as carnes ecolóxicas de razas autóctonas criadas en liberdade nas noas granxas marcan a diferencia e aportan o máximo valor á nosa gastronomía.

En conxunto é unha experiencia gastronómica total, é unha viaxe ó pasado, ós sabores perdidos.

O Fogar é un enclave ecolóxico único, unha “Organic Farm” onde gozar da singularidade das bioconstrucións e da decoración con estilo propio que fai que todo sexa máxico.

Algo que non se pode describir con palabras, que é preciso velo e sentilo.

Conta con una gran capacidade tanto dentro en diferentes espazos coma nas terrazas no medio da natureza viva.

Leave a Reply

9 + diecinueve =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies