Fogar do Santiso Oleiros

Nos arredores da praia de Santa Cristina está O Fogar do Santiso Oleiros, enclavado nun antigo viveiro de plantas, o local sigue destinado a contribuír coa natureza coa nosa proposta de restaurante ecolóxico.

Un lugar único situado nun entorno semiurbano pero cunha identidade sempre vencellada á cultura medio-ambiental e rural, ás tradicións dos nosos antepasados e labregos.

A diferencia co Fogar do Santiso orixinal en Teo é a carta algo máis reducida e máis mariñeira. A diario chega peixe fresco dos barquiños que pescan para o Fogar de xeito artesán na Ría de Aldán, que vai directo para as nosas brasas.

 

 

 

 

A cociña é honesta sen adornos e con innovación sobre a tradición. So se traballa con produto ecolóxico de máxima calidade xerando una carta diaria con pratos de tempada con identidade…

Cocíñase con brasas, buscando non perder os sabores primarios da nosa terra. O produto local é sempre o protagonista.

 

 

 

 

As hortas ecolóxicas do Fogar, os peixes e mariscos da ría de Aldán e as carnes ecolóxicas de razas autóctonas criadas en liberdade nas noas granxas marcan a diferencia e aportan o máximo  valor á nosa gastronomía.

En conxunto é unha experiencia gastronómica total, é unha viaxe ó pasado, ós sabores perdidos.

Pola súa singular localización pegado ó parque Xosé Martí, o restaurante conta cunha inmensa terraza, climatizada en inverno, que permite gozar da luz do mar mentres se saborean deliciosos pratos cociñados á brasa. E tamén conta co atractivo dunha terraza “chill out” no teito con boas vistas onde gozar co bo tempo das nosas propias copas ecolóxicas.

Leave a Reply

17 − 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
X