Fogar do Santiso descubre o segredo do seu modelo de negocio, polo que desde a súa fundación pasaron máis de 3.200.000 visitantes. Un segredo que non só está na súa gastronomía e enclaves únicos, detrás hai un inmenso traballo de creatividade, esforzo, coordinación, producción, supervisión e xestión de recursos.

FogarLab é a iniciativa de divulgación e formación do Fogar do Santiso, cunha oferta diversificada baseada na Gastronomía 360º e xestión de proxectos ecolóxicos que vai desde visitas e participación activa en centros de producción ecolóxica, cursos xeralistas, monográficos a técnicas de transformación de producto.

CURSO: GASTRONOMÍA 360º

O presente curso,  de duración mímina dun día, explica a capacidade dun proxecto de restauración  de adaptarse á economía circular, de ser sustentable e acadar un residuo case cero.

Propoñemos unha formación experiencial con participación activa cun contido teórico que se irá desgranando con cada visita aos distintos centros de producción e transformación  do Fogar do Santiso.

_BG00209

CONTIDOS DO CURSO

· Coñecer o círculo da sustentabilidade como base filosófica para un proxecto empresarial.

· Comprender as vantaxes da producción ecolóxica e da súa certificación.

· Organizar e planificar unha explotación agrícola vinculada a un proxecto de restauración.

· Comprender as características xeoclimáticas do chan en función dos varietais.

· Planificación da producción en base a estadísticas  de medición interanuais.

 

· A informatización da trazabilidade interna como selo de garantía.

· Introducción á Enterprise Resource Planning do Fogar do Santiso.

· Coñecemento da ERP como sistema de xestión de stocks, Axendas, Etiquetas, producción e arquivo de elaboracións.

· O concepto de economía circular e social como base para a sustentabilidade.

· O concepto base do modelo de Fogar do Santiso: A creación dunha carta diaria

· A compostaxe e reciclaxe nun restaurante poñendo en valor os residuos.

OUTRAS PROPOSTAS FORMATIVAS

ENXEÑERÍA DE MENÚ PARA A SUSTENTABILIDADE

Unha formación na que se tranmiten os valores gastronómicos do Fogar do Santiso: ecolóxico, local e de tempada. Descubre os impactos sociais e ambientais asociados á alimentación e a mellor maneira para atopar o equilibrio económico, social e ambiental.

RESIDUO "0" NA GASTRONOMÍA

Residuo Cero e Economía Circular son dous conceptos de vangarda. Coñeceremos as relacións que teñen co mundo empresarial na actualidade e veremos qué influencia e capacidade de aplicación teñen no eido da restauración.

Producción, transporte, consumo ou reciclaxe son as fases a ter en conta nun modelo de economía circular. Explicaremos cómo traballar estes aspectos.

FogarLab

Contacto - Cursos presonalizados

O espíritu de Fogar Lab e dar unha atención e formación personalizadas ás necesidades de cada grupo, polo que recomendamos contactar coa coordinadora para pechar a formación pertinente en cada caso.