De acordo ao disposto na normativa sobre servizos de sociedade da información e comercio electrónico os sitios web www.fogardosantiso.es e www.terrasensus.es son titularidade de FOGAR DO SANTISO, S.L., en diante Fogar do Santiso ou “a empresa”, con domicilio social en Lugar de Trasellas nº 13 – Luou en Teo (A Coruña) e con CIF nº B 15964745 inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 2927 do Arquivo, Sección Xeral ao folio 34 folla nº C-34880, inscrición 1ª.
O teléfono de contacto é 981 805 948 e tamén poden dirixirse por mail a fogar@fogardosantiso.es.

Condicións xerais

O presente documento ten por obxecto regular as condicións xerais polas que se rexen os sitios web www.fogardosantiso.es e www.terrasensus.es e o contido recolleito nas devanditas páxinas web, incluíndo o mero acceso. Por iso, quen accede aos referidos sitios web (“usuario”) debe ler atentamente tanto estas condicións como as que regulan as distintas páxinas ou apartados e acepta o sometemento ás mesmas cada vez que acceda ao citado sitio web. En caso de non estar de acordo con calquera das condicións aquí establecidas non deberá facer uso do mesmo.

A través deste sitio web Fogar do Santiso pon a disposición do usuario unha serie de contidos que ten carácter informativo, preténdese dar a coñecer a nosa filosofía de traballo e ofrecer servizos aos usuarios.

A empresa conta cunha activa participación nas redes sociais, publicando e pondo a disposición dos usuarios noticias, eventos e comentarios accesibles ao público en xeral pero non se fai responsable da información e contidos publicados en chat´s, foros, blogs, redes sociais ou calquera outro medio que permita aos usuarios publicar contidos de forma independente no sitio web ou espazos titularidade de Fogar do Santiso.

En todo caso, na utilización de www.fogardosantiso.es ou www.terrasensus.es , o Usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses, os dereitos da empresa e comprométese a non utilizar os sitios web e os servizos ofrecidos na mesma para a realización de actividades contrarias á lei. Así pois, o usuario recoñece que o uso e acceso aos sitios www.fogardosantiso.es e www.terrasensus.es realízase en todo caso baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

Fogar do Santiso, cumprindo cos seus estándares de calidade e en previsión de melloras, resérvase o dereito de modificar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, a presentación e configuración dos sitios www.fogardosantiso.es e www.terrasensus.es, así como as presentes Condicións Xerais que debidamente se exporán na propia páxina web ou, no seu caso, se comunicarán aos usuarios.

En cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 infórmase que os datos facilitados neste sitio web a consecuencia da súa navegación por esta páxina e/ou a través do formulario de contacto, sendo obrigatorios aqueles marcados con asterisco, e/ou directamente solicitados mediante correo serán tratados por Foga do Santiso, S.L. para dar resposta á petición enviada e serán tratados e incorporados ao ficheiro “Usuarios”, cuxa finalidade é “xestionar as peticións de información e atención aos usuarios”. No tratamento de datos de carácter persoal realizado por esta empresa non se contemplan comunicacións de datos, salvo para o cumprimento das obrigacións legalmente establecidas e as directamente relacionadas coa prestación do servizo demandado. O titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación ante o responsable do ficheiro na seguinte dirección Lugar de Trasellas nº 13 Luou-15886 Teo (A Coruña). No caso de que os datos non sexan fornecidos directamente polo interesado, quen os facilite ha de cumprir as obrigacións relativas ao deber de información nos termos anteriormente expostos e obter cantos consentimentos sexan necesarios para o tratamento por parte do responsable de ficheiro.

O usuario que facilitou os seus datos consente expresamente o seu tratamento, incluíndo tanto o correo electrónico como o teléfono móbil, para o envío de boletíns e outras comunicacións co obxecto de informar sobre actividades, talleres, noticias, eventos, promocións e ofertas que Fogar do Santiso considere do seu interese e en relación coa actividade que desenvolve.

A empresa pon a disposición do usuario información propia e de terceiros co maior rigor posible pero non asume garantía algunha sobre a información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros accesibles desde os sitios web www.fogardosantiso.es e www.terrasensus.es mediante ligazóns, hipervínculos ou links, nin da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros desde os que se acceda mediante ligazóns, hipervínculos ou links ao lugar web de Fogar do Santiso, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiros que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos da empresa, salvo autorización expresa desta última.

Fogar do Santiso procura que os usuarios teñan o acceso continuado ao sitio web, pero en ningún caso o garante, do mesmo xeito que a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos no noso sitio web, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control.

En cumprimento da normativa española de aplicación Fogar do Santiso ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa no caso de que sexa exixible a retirada e/ou bloqueo de determinados datos que atenten contra dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública, conforme á normativa nacional e internacional.

No caso de que o usuario considere que existen, no presente sitio web, contidos que poden ser cualificados como contrarios aos citados dereitos e valores, prégase que o notifiquen de forma inmediata ao titular do mesmo.

A empresa resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida no seu sitio web, podendo mesmo limitar ou non permitir o acceso á devandita información, así como variar a forma da súa presentación ou configuración. En todo caso, non cede ningún dereito de propiedade intelectual nin industrial sobre os contidos recolleitos nas distintas páxinas do sitio web, o seu código fonte, deseño, así como calquera outro elemento que conteña.
Fogar do Santiso é o titular exclusivo dos dereitos de explotación, reprodución, transformación, comunicación pública, distribución e posta a disposición.

Queda expresamente prohibido, a título enunciativo pero non limitativo, para o usuario, a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción, reutilización, reenvío ou a utilización de calquera natureza, por calquera medio ou procedemento, de calquera dos contidos, salvo nos casos en que estea legalmente permitido ou sexa autorizado polo titular dos correspondentes dereitos.

O usuario en todo momento debe de respectar os referidos dereitos sobre o sitio web de Fogar do Santiso, podendo, unicamente, visualizar e obter unha copia privada e con carácter temporal dos contidos para o seu exclusivo uso persoal e privado e para os seus sistemas informáticos. En calquera outro caso debe de obter autorización previa e expresa.

A estas condicións xerais resúltalle a aplicación das leis españolas, ás que Fogar do Santiso está sometida. Salvo norma en contrario, as partes acordan someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.

No caso de que o usuario teña algunha dúbida sobre elas pode dirixirse a Fogar do Santiso, S.L. mediante o formulario de contacto, contido na páxina principal ou na dirección referida no Aviso Legal.

En Trasellas-Luou a 30 de outubro de 2014